A vindeira semana abre o prazo de inscrición na Campaña de Nadal do Comercio de Narón

O Concello de Narón abrirá o vindeiro martes o prazo de inscrición na Campaña de Nadal do comercio de Narón, que estará en vigor do 1 ao 24 de decembro e se estrutura en tres liñas.
 
| Concello de Narón
Así o anunciaron a alcaldesa, Marián Ferreiro e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, recalcando que se aposta un ano máis, nunha das liñas desta campaña, por incentivar entre a cidadanía as compras nos pequenos comercios de Narón, entregando á clientela unhas papeletas -cun importe mínimo de compra- para que as cumplimenten e poder optar a varios agasallos. En total, no mes de decembro, sortearanse catro cestas de Nadal con productos cen por cento galegos e tres vales de compra por importe de 1.000, 600 e 400 euros. Os vales terán que utilizarse nun mínimo de tres establecementos participantes nesta campaña. A participación dos establecementos é voluntaria e de balde.
 
Outra das propostas é un concurso de decoración exterior dos establecementos, co fin de ambientar os locais comerciais da cidade. Os interesados poderán anotarse dende o vindeiro martes ata o 9 de decembro, comprometéndose a decorar os espazos exteriores e remitir imaxes da proposta ao correo da campaña (nadalcomercionaron@gmail.com). A esa mesma dirección deben enviar o nome da persoa de contacto e o do comercio e un número de teléfono.
 
A terceira proposta é o programa Datas saborosas de Narón, que consiste en promocionar a oferta gastronómica local durante o Nadal. Con esta finalidade recompilarase información dos establecementos hostaleiros que ofrezan menús especiais nesas datas, ceas de Nadal e propostas de comida para levar, para elaborar posteriormente unha listaxe conxunta que se difundirá a través das redes sociais do Concello e da Asociación de Comerciantes de Narón. As propostas deben enviarse tamén ao correo da campaña, rematando neste caso o prazo para facelo o vindeiro 4 de decembro.
 
“Queremos fomentar o consumo no pequeno comercio e na hostalería local coincidindo coa tempada de Nadal, dando a coñecer a gran variedade de establecementos asentados nesta cidade e a calidade da súa oferta”, apuntou Ferreiro. Así mesmo, a rexedora local indiciu na importancia de “premiar tamén a ambientación navideña nestes establecementos, para que xunto coa instalada dende o Concello dinamice tamén a cidade”
 
A alcaldesa e a concelleira animaron aos sectores aos que se dirixe esta campaña a inscribirse na mesma “para poder ofrecer conxuntamente o gran potencial que ten esta cidade tanto no sector comercial como no hostaleiro”.

Lea también

Narón destina 172.000 euros ás obras de construción de beirarrúas na Álvaro Paradela

As obras de construción dunha beirarrúa na rúa Álvaro Paradela, adxudicadas na súa primeira fase …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.