BNG Ferrol considera inaceptábel que RENFE anuncie «suprimir servizos entre Ferrol e A Coruña»

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera «totalmente inaceptábel o anuncio por parte de RENFE de suprimir servizos entre Ferrol e A Coruña».

«O comunicado emitido por parte de Renfe, pon en evidencia a respecto das infraestruturas ferroviarias que a prioridade pasa por reforzar a conexión con Madrid, precarizando os servizos en Galiza e onde non se ten en conta a realidade da cidade». «Deste modo anunciase a substitución dos trens Alvia por outros máis modernos tipo Avlo que reduzan os tempos de viaxe a Madrid ao tempo que se suprimen servizos de conexión entre Ferrol e A Coruña».

Rivas explicou que «a decisión de RENFE obrigará a facer transbordo na cidade da Coruña nos servizos en que se substituen os Alvia dado que o Avlo non chega á cidade de Ferrol. Deste modo o tempo de espera polo traslado hai que sumar o incremento no tempo de viaxe no servizo de media distancia».

«Por outra parte a partir do 15 de decembro acompañando a esta substitución Renfe remodela os servizos de conexión coa cidade da Coruña e suprime un servizo de ida e outro de volta. En resumo, o anuncio de Renfe implicará menos servizos e tempos de viaxe máis longos».

O portavoz nacionalista aclarou que «o tren é un elemento básico para a vertebración do territorio e polo tanto o que precisamos é incrementar os servizos e non suprimilos».

Rivas explicou que «é fundamental a renovación das infraestruturas ferroviarias de conexión coa cidade da Coruña. Unha conexión na que o By-pass de Betanzos constitúe un elemento fundamental, mais incrementar os servizos actuais é unha medida moi necesaria que se pode adoptar de maneira inmediata e que facilitaría e fomentaría o uso do transporte ferroviario nunha cidade que cada vez ten máis problemas de mobilidade, derivados de decisións como as que amosou onte Renfe e ás que se suma a prioridade dos servizos de transporte por estrada».

Por estas razóns o portavoz nacionalista demandou ao Ministerio «a rectificación inmediata do anuncio feito no dia de onte e que xustamente ao contrario incremente o número de servizos de conexión coa cidade da Coruña».

Lea también

El presidente del PP de Ferrol, Rey Varela, repasa los proyectos para Ferrol

“Ferrol está en movimiento, estamos en un momento muy ilusionante para la ciudad”, afirmó el …