A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras necesarias para levar a cabo a reparación dos contedores culturales da cidade; “tanto o Auditorio como o Teatro Jofre e por suposto a capela do Torrente Ballester, precisan dunha acometida urxente nas súas infraestruturas , incide Dopico, con deficiencias graves que deben ser atendidas sen máis dilacións».
En opinión da socialista “O Teatro Jofre, reinaugurado no 2005, é o máis necesitado dunha intervención urxente: as filtraccions de auga da terraza, os problemas coa calefacción, os desconchados na pintura, o estado da porta de acceso a persoas con mobilidade reducida , por falar só dalgúns dos aspectos que precisan esa intervención urxente que vimos de reclamar”
A edil incide en que “o Auditorio de Ferrol, non lle vai á zaga con cristais rotos, losas desprendidas da fachada ou un defecto na escaleira do segundo andar que obrigou hai pouco ao seu apuntalamento provisional ademáis dunha necesaria revisión de portas, calefacción, iluminación e seguridade que deixa moito que desexar no espazo cultural máis importante de Ferrol en canto a aforo e referente de espectáculos de gran formato no que non se ten invertido nen un euro dende a súa inauguración en 2014”.
A capela do Torrente Ballester é outro exemplo «das eivas estruturais que estamos a comentar para o resto de espazos pero probablemente multiplicado se temos en conta que dende a súa apertura en 1993 apenas tivo intervencións” subliña Dopico Malde.
«Estamos, asi pois, ante outra das incoherencias políticas dos populares, que cando non gobernan non fan máis que sinalar a incuria e o desleixamento alleo pero que cando teñen oportunidade de facelo esquecen rápidamente aquelas premuras que semellan non ser outra cousa que pataletas políticas de pouca monta” continúa a edil socialista.
«O alcalde Rey Varela e a súa corporación deberían -agora si xustificadamente- facer outra modificación de crédito para non ser exemplo desa deixadez e falta de xestión da que acusaban non hai tanto a Ángel Mato e pórse a traballar nese plan de mantemento dos edificios públicos que tan mala imaxe daba durante o goberno socialista na pasada lexislatura e que agora seica luce esplendorosamente».
«Ou ben, reclamar á Xunta de Galicia, que tanto mima a Ferrol dende as últimas eleccións, que artelle alguna axuda para xestionar estas obras de mantemento e mellora e que non pareza que as reivindicacións políticas de antano non eran máis que oportunidade baleira de compromiso».