O BNG de Ferrol califica os orzamentos 2025 coma anti-sociais e fraudulentos

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, diante da presentación do proxecto de orzamentos 2025 considera que «estes orzamentos son un reflexo da política antisocial e fraudulenta do alcalde da cidade».

Ivan Rivas sinala que «estamos diante duns orzamentos antisociais porque os orzamentos aumentan os tributos e a presión fiscal, aumentan os impostos aos veciños de Ferrol, incrementan as privatizacións e ao mesmo tempo reducen os investimentos na cidade».

Asi mesmo, Rivas afirma que «estes orzamentos son fraudulentos porque o alcalde que dicía que aprobaría uns orzamentos todos os anos realmente o que está a facer é repetir o mesmo orzamento todos os anos. Porque para este 2025 repite os mesmos orzamentos que aprobou en 2024 e que non executou, os mesmos orzamentos que aprobou en 2023 e que non executou e que evidencian que a diferencia entre o que di e o que fai cada vez é maior igual que o engano ao que esta a someter os veciños e veciñas de Ferrol»

Lea también

La Xunta licita por unos 269.000€ las mejoras de climatización en dos centros de salud del Área Sanitaria de Ferrol

La Xunta de Galicia ha publicado en el Portal de Contratos Públicos de Galicia la …