Ferrol en Común a través dun comunicado afirma con respecto ó borrador de orzamento municipal «debemos amosar o noso desacordo coa política do rodillo, presentado o día 18 para levar a pleno dez días despois».
«Non parece un tempo razoable para establecer un proceso negociador e poder debater propostas, achegas, e elaborar un diálogo construtivo conxunto en beneficio da cidade».
«Por outra banda, semellan unha copia do orzamento 2024, os mesmos investimentos sen executar que se reiteran ano tras ano polo Partido Popular, unha demostración do aspecto formal da súa política pero que non supón cambios de fondo no palpable pola cidadanía». «Volven xurdir a cidade do deporte e abrir Ferrol ao mar, para os que a Xunta de Galicia nos impón un imposto revolucionario do 50%, cando toda subvención dunha administración superior sole ser financiada co 80%»
«As subvencións nominativas, co reparto discrecional e arbitrario de cartos públicos, malia ás advertencias da Intervención municipal, continúan o seu incremento, desbotando un procedemento máis limpo e aberto como a concorrencia».
«O gasto no capítulo 2, de servizos, segue o seu incremento exponencial, pola inoperancia na celeridade da tramitación dos contratos máis grandes do concello, toda a xestión tan duramente criticada polo PP, non só e igualada, senón superada».
«Preocúpanos máis o que no está, porque o que está xa estivera nos orzamentos anteriores. Pero non hai atisbo de invertimento no barrio de San Xoan, nin campo de fútbol, ni local veciñal, nin Parque de Rosalía ou urbanización de Rúas, o mesmo acontece no conxunto da Magdalena, Ferrol Vello ou Canido, máis alá de pequenas achegas testimoniais, e tantos barrios da cidade absolutamente desprezados».
«E moito menos hai iniciativas que revertan a situación do problema demográfico, de vivenda e de emprego que vive estruturalmente a nosa cidade, nin fondos para xuventude, nin para vivenda, o aspecto social novamente esquecido».
Ferrol en Común ademais «quere mostrar a súa perplexidade e indignación, xa que logo os posibles fondos europeos que se capten manifesta o goberno que van ser destinados ás operación financiadas con préstamos, é dicir, fondos para amortizar débeda, no canto de impulsar novas iniciativas que supoñan novas oportunidades».
Ferrol en Común «exercerá a oposición de forma responsable, tratando de mellorar este documento con achegas e negociación aberta, recollendo demandas cidadás que se poidan incorporar ao documento definitivo».