Inscrición no obradoiro infantil “Coñecendo o Concello de Narón”

A Biblioteca municipal abre este martes 19 o prazo de inscrición na proposta lúdica infantil “Coñecendo o Concello de Narón”.

Trátase dunha iniciativa, tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, pensada para menores de 5 a 7 anos que terá lugar este venres, día 22, nas citadas instalacións, a partir das 18:00 horas. Os menores participantes poderán coñecer mellor o noso concello e tamén reforzar os seus coñecementos a través de dous xogos interactivos.

Ao final crearán un títere da Abella Nara, a nosa mascota especial, e terán a oportunidade de realizar unha fotografía de recordo no photocall da Abella Nara. As reservas de praza poden realizarse dende mañá ás 16:00 horas, na Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173.

Os nenos teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

Lea también

O Trail Costa Ártabra celebrado en Narón acada récord de participación

Trescentas persoas, a cifra máxima permitida neste evento, participaron na cuarta edición do Trail Costa …