Axenda en Narón do 15 ao 17 de novembro

Venres 15 de novembro de 2024

Actividade: Concerto Joana Serrat Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

A artista catalana Joana Serrat, unha das de maior proxección internacional, trae a Narón a súa música con Big Wave, sen perder de vista a música americana e o folk británico. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Sábado 16 de novembro de 2024

Actividade: Obradoiro: Xoias de papel Hora: 11.00 Lugar: Centro cívico social do Couto

O programa municipal Guizo, dirixido a menores de 6 a 12 anos, convoca este obradoiro no que os menores, tras unha introducción sobre o papel e as súas propiedades e posibilidades de reciclaxe, aprenderán a elaborar salvamanteis, pousavasos e xoias como colares ou pulseiras. A actividade precisa inscrición previa.

Actividade: Conferencia “Mente e corpo traballan xuntos” Hora: 11.00 Lugar: Centro Sociocomunitario Manuela Pérez Sequeiros

O Concello organiza unha nova conferencia do programa municipal A saúde mental importa. A psicóloga Virginia Penedo será a encargada de impartilo. As prazas son limitadas porque se levará a cabo un obradoiro dinámico de ioga e relaxación.

Actividade: Recreación da Esfolla en Doso Hora: Dende as 17.00 Lugar: Pista polideportiva de Doso

O Padroado da Cultura e a AVV A Naveira, de Doso, organizan esta convocatoria, na que haberá unha exposición de bonecos de maínzo, obradoiros, música e danza tradicional, unha esfolla de maínzo cun campionato de debagado de maínzo e tamén un concurso de sobremesas ao logo da tarde. Así mesmo, haberá unha chocolatada popular.

Actividade: XXX Trofeo Cidade de Narón. XXI Memorial Javier Lago Hora: 17.00 Lugar: Complexo polideportivo municipal da Gándara

O Concello e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón organizan unha nova edición deste evento deportivo, ao que acudirán máis de 150 deportistas procedentes de once clubs. A entrada é de balde.

Actividade: La gramática Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía teatral Focus representará esta peza de teatro contemporáneo, autoría e dirixida por Ernesto Caballero e protagonizada polos actores María Adánez e José Troncoso. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Domingo 17 de novembro de 2024

Actividade: A nena e o grilo camiño das cores Hora: 18.00 Lugar: Pazo da Cultura

Magín Blanco e Ghazafelhos representarán no Pazo A nena e o grilo camiño das cores, unha montaxe teatral con música e directo que constitúe a cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

Deportistas del Club Arco Narón convocados al PNTD, en el CARD de León

La Federación Galega ha confirmado al Club Arco Narón que 4 de sus jóvenes deportistas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *