Xoves de Òpera con ‘La Flauta Mágica’ no Teatro Jofre de Ferrol

As entradas están xa á venda na billeteira do teatro Jofre e en Ataquilla desde 25 euros.

Teatro Jofre

A compañía Ópera 2001 trae ao teatro Jofre o xoves 29 de outubro ás 20:30 horas a ópera de Mozart máis impresionante: La Flauta Mágica de Mozart.

Esta produción está libremente inspirada na serie Stargate SG1, cunha ambientación que fusiona o antigo Exipto con elementos de ciencia-ficción. A escena está chea de personaxes tamén fantásticos que polo mero feito de atravesar o máxico umbral, percorren distintas épocas: dende tempos arcaicos con monstros prehistóricos á Idade Media, pasando pola arte barroca ata a contemporánea a Mozart, e ata un futuro lonxano imaxinario.

O príncipe Tamino é perseguido por unha serpe xigante e adéntrase no bosque tratando de fuxir, pero entrou no reino da Raíña da Norte sen sabelo. Alí chegará a un acordo coa raíña para tratar de conseguir a man da súa filla a cambio de liberala do cautiverio no que a ten sometida Sarastro. Tamino, acompañado do paxareiro Papageno, disporase a salvar a súa amada. Porén, unha vez chegado ao reino de Sarastro, decátase de que a realidade é outra e decide quedar alí, ao lado da súa amada lonxe da raíña. Para quedar e pertencer ao templo dos sabios, deberá superar unha serie de probas que conseguirá vencer. Finalmente, os dous namorados uniranse para sempre, mentres que a súa malvada nai será derrotada definitivamente.

Ópera 2001 iniciou a súa andaina hai máis de tres décadas con La Flauta Mágica, unha obra que marcou profundamente a nosa identidade artística. Hoxe, coa mesma emoción coa que abriron aquel primeiro telón en España, anuncian que esta produción será tamén a que poña fin á etapa como produtora de ópera.

Con La Flauta Mágica poñen fin a un ciclo extraordinario, construido grazas ao esforzo de centos de profesionais que lles permitiron crecer, crear e compartir a ópera con miles de espectadores en España, Francia e Portugal. Wolfgang Amadeus Mozart estreou La Flauta Mágica en 1791, apenas dous meses antes da súa morte. A pesar das dificultades económicas e de saúde, dirixiu persoalmente varias representacións e chegou a ver cómo a obra convertíase nun gran éxito popular en Viena. A aria da Raíña da Noite, Der Hölle Rache, é unha das páxinas máis difíciles xamás escritas para soprano.

Os seus famosos sobreagudos e a velocidade vocal exixida a convertiron nunha auténtica proba de lume para as cantantes de ópera e nun dos momentos máis espectaculares e recoñecibles do repertorio lírico. A duración aproximada deste concerto é de 170 minutos, e as entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre, e na web de Ataquilla.

Lea también

O Museo de Historia Natural será o escenario da estrea en Galicia dun documental sobre as candorcas ibéricas

A reportaxe, que se emitirá o venres 30 ás 19:30 no Museo de Historia Natural, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.