A Deputación amplía a campaña «Ser e Sentir» con pezas audiovisuais

Os 10 microvídeos están publicados na páxina web seresentir.gal e na canle de Youtube da Deputación da Coruña.

A área de igualdade da Deputación da Coruña amplía a súa campaña “Ser e Sentir” coa publicación dunha serie de pezas audiovisuais que buscan demontar bulos contra o colectivo LGBT+, e que se poden visualizar na canle de youtube da Deputación; na páxina web seresentir.gal e nas redes sociais da entidade provincial.

Esta serie de microvideos #DesmontandoPrexuizos poñen o foco contra os bulos a respecto da diversidade sexual. “Estas pílulas son unha ferramenta moi poderosa, pois non só axudarán a desmantelar prexuízos e bulos, senón que tamén inspirarán á comunidade a unirse nesta causa común contra a LGBTfobia nun espazo como o das redes sociais, onde se atopa un público moi amplo e diverso” apunta a deputada de igualdade, Soledad Agra. 

“Queremos, con este traballo, transmitir información que nos permita rachar as mentiras que a diario escoitamos por diversas vías e que só buscan estender mensaxes de oido. Deste xeito,  pretendemos achegarnos a unha audiencia moi ampla, creando unha atmosfera de empatía e fomentando a reflexión” engadiu Agra.

En total, son 10 pequenas pezas que se irán publicando nas vindeiras semanas e que tratan temas como a necesidade da educación sexual na mocidade, a transfobia no deporte, referentes LGBT+ para a mocidade, os estereotipos, o falso mito da mda, a importancia das siglas LGBT+ ou o significado das diferentes bandeiras.

Lea también

Ya se puede solicitar el voto por correo para las Generales del 29 de noviembre

Ya es posible solicitar el voto por correo para las Elecciones Generales que se celebrarán …