PSOE Ferrol acusa ó alcalde da cidade de carecer dun modelo de turismo

Totalmente secundario e sen proxecto propio. Así resume e define o grupo socialista a actitude do goberno municipal do PP en materia de turismo.

Segundo manifestou a concelleira Eva Martínez Montero, neste ano e medio de mandato “non só non se fixo case nada para o fomento e promoción do turismo na cidade, senón que, o que é peor, as poucas iniciativas que se impulsaron por parte do goberno de Rey Varela son un sen sentido, non seguen fío conductor ningún nin respostan a un modelo  concreto porque, sinxelamente, non teñen modelo nin plan de estratexia turística».

“Igual organizan unha visita guiada do Modernismo sen máis contido e rexeitando ir a unha feira do sector que logo si entenden interesante, que editan un folleto co único obxectivo de vender o eslogan Vente Arriba, ou gastan 18.000 euros en convidar a xente ao azar de Cartaxena sen retorno de ningún tipo”, apuntou a concelleira.

“Está claro que o alcalde non aposta polo turismo como motor económico nin considera que o turismo sexa un sector estratéxico para Ferrol, xa que o ten como área de segundo ou mesmo de terceira categoría”, asegurou a edil socialista, que entende que “os pasos atrás dados nestes 18 meses de mandato evidencian que os populares non están nin se lles espera para traballar e avanzar nesta materia”.

Como afirma a concelleira do PSdeG-PSOE, o “triste balance” do goberno de José Manuel Rey Varela ata o momento é a perda, pola súa inoperancia, incapacidade e falla de interese, dunha subvención dun millón de euros -265.500 euros para Ferrol- para a mellora, modernización e accesibilidade do Camiño Inglés e a inexistencia de iniciativas e eliminación do grupo de traballo creado para a potenciación desta ruta xacobea; a paralización total da candidatura a Patrimonio Mundial agás a realización de “accións do pasado mandato que, sen guion, resultan inconexas e sen sentido”; o desleixo co Castelo de San Felipe, cunha subvención dun millón de euros acadada no mandato socialista para a rehabilitación da casa do comandante e a súa conversión en cafetería que o PP leva cun máis dun ano de retaso e ausencia de más proxectos para unha “xoia patrimonial” abandonada nestes meses; ou a escasa promoción dun Modernismo que nos anteriores catro anos recibira un pulo importante coa posta en valor e recoñecemento da figura de Rodolfo Ucha.

Precisamente a este respecto, a concelleira criticou que Rey Varela «saia agora coa presentación feita en verán de 2022 cos proxectos previos e o que encargamos nós para a reforma e posta en marcha dunha cafetería, e despois o refundido dos tres, e o vendan como propio, cando fomos nós os que fixemos e acadamos todo en febreiro de 2023».

Por iso, instou ao PP a «unha vez que perderon 18 meses para facer as modificacións que esixía a Xunta, axilicen a licitación para nom perder outra subvención, posto que o prazo para a execución de toda a obra remata en xuño de 2026».

“E a todo isto hai que engadir que levamos dende xaneiro sen xerencia da sociedade mixta de turismo, ou sexa, sen organismo de xestión desta materia, e levamos todo 2024 sen contrato nas oficinas de turismo da cidade”, dixo Eva Martínez, que reclamou a Rey Varela que “dunha vez por todas” dea resposta a estas cuestións e implique á oposición na solución a estes problemas para que non convirta a sociedade mixta “nunha réplica do que el mesmo fixo na súa anterior etapa como alcalde co Padroado de Deportes, cuxas consecuencias levamos anos sufrindo”.

Fronte a isto,o grupo socialista lembra que a súa aposta polo turismo foi e segue a ser, unha realidade, cun modelo claro e estratéxico.

“Defendemos un modelo de turismo sustentable e de calidade, baseado no patrimonio histórico e natural da nosa cidade, co Camiño Inglés como reclamo e fío conductor dos principais potenciais de Ferrol, como son a Ilustración – patrimonio militar e industrial- e o Modernismo, e con eventos culturais, como Meninas, a Semana Santa e as Pepitas, como fonte de riqueza a promocionar e poñer en valor todo o ano”, subliñou Martínez Montero, que engadiu que “todo isto, combinado cunha aposta na zona rural: praias, ruta das baterías militares, ruta dos muíños e patrimonio arqueolóxico”.

Lea también

Ferrol «enciende» la Navidad

Ferrol encendió el 1 de diciembre las Navidades en una multitudinaria cita de la plaza …

Un comentario

  1. Ay madre lo que hay que leer!! la Eva esta que no hace nada ni nunca hizo nada más que ser de un partido, que por cierto gobernó en Ferrol muchas veces y jamás hizo nada por Ferrol mas que hundirlo….. que venga a dar lecciones de nada y a nadie es de risa.

    Tiene gracia que el Psoe esté ahora dando lecciones de como hacer las cosas cuando en 4 años no hizo nada, será que se ven mejor las cosas desde fuera?? pues a ver si se lo aplican si alguna vez vuelven a gobernar!!!

    Y que conste que no sere yó quien defienda a este gobierno…que es bastante desastre… pero el refranero español es muy sabio…. le dijo la sartén al cazo…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *