A FGA comparte o calendario trailrunning dentro do “Galicia Trail Running Series”

A Federación Galega de Atletismo comparte o calendario do sector de trailrunning dentro do “Galicia Trail Running Series” para o primeiro semestre da tempada 2025.

Sen prexuízo do resto do ano, eventos solicitados e o resto de Campionatos de Galicia pendentes de anunciar como poden ser Vertical, Carreiras de Montaña, Maratón ou Ultra; o presente anticipo de calendario, ten como finalidade facilitar a organización de cada unha das probas e a estructuración dos deportistas tanto para as competicións de calendario galego como das competicións de carácter nacional e internacional.

O calendario de 2025 trae como novidade a segmentación e ampliación das categorías de promoción desputándose por separado os campionatos respectivos así como contando por primeira vez cun campionato de clubs autonómico para as cateogrías inferiores. Tamén é importante salientar a distribución xeográfica posto que toca a meirande parte das comarcas dentro das 4 provincias Galegas.

Tódalas probas contarán co seguimento e compromiso de protección medioambiental esixido para formar parte e usar o selo distintivo Galicia Trail Running Series outorgado pola Federación Galega de Atletismo.

Un dos obxectivos para a presente tempada dentro do sector é ampliar o medalleiro nos campionatos nacionais e a nosa representación nas competicións internacionais logo de ter logrado o máximo de medallas neste 2024 cando aínda falta por celebrarse o campionato de España Ultra; tendo especial atención ás categorías inferiores como amosa a presenza este ano de atletas galegos nas seleccións españolas para o Campionato de Europa (Annecy) e a Copa do Mundo U18.

O prazo de solicitudes para o resto de eventos da tempada 2025 continúa aberto tendo en conta que os campionatos Vertical, Carreiras de Montaña, Maratón e Ultra se desputarán no segundo semestre do ano en gran medida.

 Trail Terras de Burona. Fonsagrada, 25 de xaneiro. Ranking categoría G3

Máxima puntuación para as distancias das que consta o evento, multiplicando por 5 os puntos conseguidos. Distancias e ranking:

Maratón: 40k +2.200m. Ranking Absoluto & Master maratón

Trail: 30k +1650m. Ranking Classic Sub 23, Absoluto & Master (puntuable para selección galega absoluta)

Trailiño: 18k + 1.000m. Ranking Preclassic Sub 20 & Sub 18 (puntuable para selección galega promesa)

Trail Ribeiras do Tambre. Ames, 23 de febreiro. Campionato Xunta de Galicia categoría Pre-classic

Esta é unha das novidades da tempada 2025, pasando a celebrarse de forma independente o campionato para as categorías Sub 16, Sub 18 e Sub 20 dando unha dualidade: por un lado atendemos á crecente demanda e inscricións destas categorías en Galicia, mentres que por outro damos o protagonismo propio que desde a Federación cremos que se merecen estas categorías.

DISTANCIAS:

Trail Curto: Campionago de Galicia Preclassic, para as categorías sub 16, sub 18 e sub 20. 8 km +400 positivos. Saida desde a praia Fluvial de Tapia

Trail Longo: Propa popular que sae desde Ponte Maceira, 17km +480 positivos.

Trail Laxe dos Bolos. Caldas de Reis, 16 de marzo. Campionato Xunta de Galicia Absoluto 

En pleno corazón do Camiño de Santiago Portugués, Caldas de Reis acollerá o campionato individual na modalidade Classic, de donde sairá gran parte da Selección Galega. DISTANCIAS:

TRAIL LONGO-CAMPIONATO: 27,5 km +1650 positivos. Terá como protagonista o Monte Xiabre con 3 subidas ben marcadas cobrando especial interese a circunstancia de poder seguir case todo o evento desde a cima do mesmo.

TRAILS MEDIO E CURTO: Dúas distancias puntuables para categorías inferiores e abertas a todo o público (igual que a longa) de 8k e 16k.

Trail Cova da Bruxa. Muros, 30 de marzo. Categoría Ranking G-1

No extremo occidental da Ría de Muros, esta proba, xa clásica do calendario que na edición pasada superou os 1200 participantes será a última proba puntuable antes do Campionato de España constando de 3 distancias:

Trail Longo: 24k +1350 positivos (puntuable sub23, absoluto e master)

Trail Medio: 14k +770 positivos

Trail Curto: 10k +530 positivos (puntuable sub20 e sub18)

Castro Trail. Barbadás, 25 de maio. Campionato Xunta de Galicia de clubs

Novidade este 2025, separándose do evento individual e traendo como novidade un trazado para as categorías inferiores, unha aposta firme de evolución e traballo de base coordinada desde a propia Federación Galega.

Trail Longo: 27k +1450 positivos. Campionato de Galicia de Trailrunning por Clubs Absoluto (aberto a individuais)

Trail Curto: 85 +400 positivos. Campionato de Galicia de Trailrunning por Clubs Promesa (aberto a individuais)

Trail Camposancos ó Solpora. Guarda, 21 de xuño. Categoría Nivel Ranking G-1 

Proba ó solpor, case nocturna, no concello máis suroccidental.

Unha proba que coroa o mítico monte Santa Trega partindo desde o nivel do mar.

Trail Longo: 18k +800 positivos

Trail Curto: 8k +420 positivos – Ranking G1 preclassic

Trail Heroica Sacra. Chantada, 28 de xuño. Categoría Nivel Ranking G-3

Nova incorporación ó calendario en pleno centro de Galicia. Chega coa novidade de ser a proba de maior puntuación do segundo trimestre.

Trail Longo: 33k +1900 – Ranking G3 absoluto e master

Trail Medio: 23k +1400 – Proba individual ou por relevos – Ranking individual sub 23

Trail Curto: 12k +800m – Ranking G3 sub20 e sub18

Este evento contará cunha novidade para o 29 de xuño que por confidencialidade non está permitido desvelar.

Lea también

Unos 200 estudiantes de secundaria participan este viernes en la IV Olimpíada Robótica en Ferrol

 Cerca de 200 estudiantes de ESO de distintos puntos de las provincias de A Coruña …