Escavacións no castro Sarridal descubren restos que datan do século III a.C.

Apareceron os muros dunha vivenda grande e vestixios dun forno que tería usos comunitarios, construídos nun nivel inferior á sauna castrexa.

A última campaña de escavación e consolidación de restos que levou a cabo o equipo de Axa Arqueoloxía no castro Sarridal, en Cedeira, deixou novos e interesantes achados. Segundo explicou o arqueólogo Emilio Ramil, director do proxecto, os traballos avanzaron desta volta por pola zona situada entre a sauna castrexa e o cantil, na que xa apareceran anteriormente estruturas da primeira etapa de ocupación, correspondentes ao século III a.C.

Desta volta descubríronse os muros dunha vivenda grande, cun forno adosado sobresaíndo polo perímetro exterior, que fan pensar nalgún uso comunitario como unha alfarería ou mesmo unha panadaría.

Segundo informou Ramil, a campaña rematou co levantamento de tres muros da suposta vivenda, de esquinas redondeadas, pero falta por levantar o que estaría máis preto do cantil, polo que é prematuro interpretar estes restos, que en calquera caso son anteriores á sauna.

Os traballos incluíron tamén a consolidación destas estruturas. Queda claro que os restos atopados nestas últimas semanas corresponden a unha etapa de ocupación anterior á da sauna castrexa porque parte desta última está sobre eles.

O Concello invistiu na financiación desta última campaña 17.847,50€. O equipo de arqueoloxía traballou con choiva nas primeiras semanas pero por sorte tivo bo tempo para acometer ao final as labores de consolidación dos restos, esenciais para poder retomar a escavación nunha próxima campaña coas descubertas anteriores en bo estado. De novo desta volta Axa fixo tamén un traballo de divulgación paralelo ás escavacións, a través da organización de dúas visitas guiadas e gratuítas ao xacemento.

Unha vez máis, os traballos corroboran a importancia do xacemento polos moitos elementos singulares atopados nunha área tan pequena: a sauna castrexa, a pedra formosa, a estrutura dunha forxa, un sistema defensivo reforzado con torreóns interiores e exteriores… “elementos que é difícil atopar e que ofrecen unha secuencia completa da historia dos castros en Galicia”.

Lea también

El conselleiro de Sanidade destaca la buena marcha del proyecto piloto de cribado del cáncer de próstata en Ferrol

El conselleiro de Sanidad, Antonio Gómez Caamaño, destacó los avances del proyecto piloto de cribaje …