O programa de Narón «A saúde mental importa» convoca tres novas conferencias

O programa municipal “A saúde mental importa” continúa desenvolvéndose este mes con tres novas conferencias. Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, que avanzou que a primeira delas terá lugar este venres 8 ás 19.00 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

A psicóloga xeral sanitaria Yolanda Iglesias será a encargada de impartir a conferencia, falando de “A importancia do contexto na saúde mental”.

A seguinte cita deste mes será o día 16 ás 11.00 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. “Mente e corpo traballan xuntos” é o título da ponencia desa xornada, que correrá a cargo de Virginia Penedo, psicóloga, profesora de ioga e meditación.

Neste día desenvolverase ademais un obradoiro dinámico de ioga e relaxación, con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente enviando un Whatshapp ao número de teléfono 644 747 889.

“Unha mirada dende a saúde mental cara as claves do envellecemento” é o título da última conferencia programada para este mes. Será o día 23 ás 11.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, e a encargada de impartila será Rita Touza, psicóloga clínica no Hospital Psiquiátrico de Calde (Lugo).

A edil naronesa recordou que a entrada a todas estas conferencias é libre, ata completar a capacidade da sala, e recordou que é preciso inscribirse no obradoiro de ioga e relaxación, única proposta con prazas limitadas.

“Continuamos avanzando neste programa tan importante e que tan boa acollida ten entre a cidadanía, no que da man de profesionais no ámbito da saúde mental temos a oportunidade de coñecer máis polo miúdo un tema tan importante”.

Lea también

Los bomberos de Narón sofocaron un incendio en una vivienda de la calle San Benigno

Los bomberos de Narón realizaron una intervención cerca de las diez de la noche de …