Ferrol devolve á familia Deaño o material cedido para a exposición de Benito Vicetto

O concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, entregou este xoves 7 a Antonio Deaño Gamallo toda a documentación que cedeu sobre os arquivos e outros documentos de Benito Vicetto.

Ponte Far agradeceu a Deaño Gamallo a súa xenerosidade por esta cesión temporal que permitiu, xunto con outros fondos, facer unha exposición homenaxe a Vicetto, baixo o título «Benito Vicetto e a prensa ferrolá» coa que a cidade rendeu homenaxe a uno dos referentes da nosa cultura.

Vicetto é considerado un dos precursores do Rexurdimento galego, desempeñando un papel crucial na cultura galega durante o século XIX e principios do XX.

Temporalmente a familia Deaño cede agora este arquivo ao xornalista Man Castro, que se encargará da elaboración dun libro sobre a vida e obra de Vicetto.

Lea también

La nueva relación de puestos de trabajo en el Concello de Ferrol entrará en vigor el día 31

En el último día de este 2025 entrará en vigor la nueva relación de puestos …