Os traballos de mellora do Mercado Municipal de As Pontes, avanzan a bo ritmo

Os traballos de mellora do interior do Mercado Municipal de As Pontes, un proxecto cun orzamento de 124.499 euros con cargo á liña de axudas da Consellería de Economía para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, avanzan a bo ritmo.

Esta actuación ten como obxectivos prioritarios unificar a imaxe exterior dos postos e do espazo común, mellorar a acústica do espazo e o illamento térmico así como renovar os aseos existentes e recolocar o aseo accesible, para deste xeito encamiñar o espazo a unha compatibilidade coa futura ampliación prevista no anteproxecto de mellora da contorna do mercado das Pontes, xerando unha distribución que permita a futura apertura dunha nova porta na fachada oeste

Así, co obxectivo racionalizar os espazos existentes e dotar ao mercado das Pontes de maior funcionalidade e atractivo, contémplase a unificación da imaxe exterior dos postos de venta coa retirada o actual friso e o revestimento dos piares integrados no frontal dos postos, que serán substituídos por un novo azulexado e un novo friso, realizado en madeira, que servirá como soporte para as serigrafías dos diferentes postos, mediante letras corpóreas de aluminio lacado.

No caso da zona común, co obxectivo de mellorar a acústica e a térmica, colocarase un falso teito de panel acústico de labra de madeira onde se disporán diferentes canles para albergar novas luminarias led.

A obra actuará tamén sobre toda a franxa que abarca os aseos comúns do extremo oeste e así, procederase á renovación dos acabados e das pezas de louza dos aseos. Tamén se modificará a disposición das portas para adaptarse á distribución de lavabos xa existentes, recolocando o volume de aseo accesible, ncluíndo a posibilidade dunha dobre transferencia e ainstalación de aviso lumínico por accidente.

Finalmente, no novo espazo de entrada aos de aseos disporase un espazo para situar unha nova dotación de taquillas de uso común.

Lea también

Detenidas dos personas en Mugardos y Fene por falsificar matrículas de barcos y por extracción ilegal de marisco

La Guardia Civil, con la colaboración del Servicio de Gardacostas de Galicia, ha detenido a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *