Cedeira adxudica a obra de humanización do espazo verde na rúa Silva

O Concello de Cedeira adxudicou por 67.483,30€ (IVE incluído) a execución do proxecto de “Creación de espazos verdes na rúa Silva 26”.

A actuación financiarase en parte cos recursos do POS+2024 e vai dirixida a humanizar un espacio que actualmente está degradado e desaproveitado, creando unha zona de descanso e lecer, con mobiliario urbano e vexetación.

A intervención afecta a superficie de 73 metros cadrados situada na bifurcación da rúa Silva, á altura do número 26, na zona das coñecidas como “Casas baratas”. As obras abranguen a plantación de árbores e a instalación dunha zona de bancos cunha estrutura cuberta parcialmente que fará máis confortable este espazo. Haberá tamén un aparcamento de bicicletas e beirarrúas ao arredor, co ancho suficiente para garantir a accesibilidade.

A nova zona verde da rúa Silva está situada contra a fachada cega dun edificio, na que o Concello se propón, sempre que conte co consenso dos veciños do inmoble, realizar unha nova obra de street art.

A empresa adxudicataria, coa oferta mellor valorada entre as tres que concurriron ao proceso de licitación, terá un prazo de tres meses para executar a actuación.

Lea también

Pilar Lozano Yáñez foi elixida responsábel comarcal do BNG

O BNG continúa o proceso de renovación dos seus organismos de dirección despois da celebración …