Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o III premio ‘Xoán Vicente Viqueira’

A Deputación da Coruña abriu o prazo de presentación de candidaturas para a III edición premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación. O prazo permanecerá aberto ata o 30 de decembro e as solicitudes deben presentarse a través da plataforma SUBTEL da Deputación.

Fuente Diputación de A Coruña

O obxectivo deste certame é recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado nos ámbitos das ciencias sociais e humanidades.

Así, poderán propor candidaturas todas as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades. Tamén poderán facer propostas de candidaturas as persoas que formen parte do xurado ou calquera socio do Instituto Xoán Vicente Viqueira.

As citadas candidaturas deberán propor a unha persoa ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades e que teñan a súa residencia ou sede social no territorio español. Non estarán admitidas as autocandidaturas.

Tres premios

Nesta edición establécense de novo tres premios para cada unha das modalidades.

A primeira delas é o premio á traxectoria de vida adicada á investigación nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social ao longo dos últimos 30 anos. A segunda, o galardón á innovación científica nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social. A última delas premia a calidade dun dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social. Cada unha destas categorías está dotada con 6.500 euros.

A terceira edición destes premios conmemora a memoria do filósofo, psicólogo e escritor Xoán Vicente Viqueira Cortón. Xoán Vicente naceu en Madrid no 1886, pero viviu ata os 12 anos en Vixoi (Bergondo), e foi unha persoa que desenvolveu investigacións no eido do pensamento filosófico e apostou progreso da educación, sempre co galego por bandeira.

As bases completas poden consultarse no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/10/30/2024_0000007614.html

Lea también

A Deputación destina 300.000€ para apoiar proxectos medioambientais na provincia

A Deputación da Coruña abre o vindeiro luns 16 de decembro, o prazo de solicitudes …