Ares recupera o lavadoiro da Fonte da Tella, en Lubre

A concellaría de Urbanismo de Ares informou da finalización do proxecto de rehabilitación do lavadoiro da Fonte da Tella, en Lubre, unhas obras para recuperalo e dignificalo, solventando o grao de envellecemento que presentaba todo o conxunto arquitectónico.

A edil de Urbanismo de Ares, Olimpia Marcos, visitou a contorna do lavadoiro para examinar o remate da intervención, que contou cun orzamento total de 25.033,09 euros asumidos entre o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta (17.523, 16 euros) e a entidade de desenvolvemento local Seitura 22 (7.509,93 euros). A concelleira destacou “a nova imaxe do lavadoiro, agora con revestimentos e acabados novos, incorporando materiais que poidan ir en consonancia co espazo no que se atopa”.

O Concello eliminou as fisuras, desconchóns e manchas na superficie da súa estrutura, reduciu o impacto negativo na paisaxe local e tamén extraeu os restos de amianto. A maiores, executouse unha mellora da cuberta e a rehabilitación integral do vaso do lavadoiro, amais de impulsar unha nova canle de desagüe.

“Con este o goberno local xa rehabilitou catro lavadoiros dende inicios de 2022, sumándose o do río Baixolo, o de Bulleiro, en Lubre, e A Torre, enCervás, dentro da nosa planificación urbanística para poñelos en valor, na que tamén incluímos a reparación da Fonte de Seselle”.

“E é así como pensamos que mellor se pode corresponder ao seu interese comunitario, pois son unha peza fundamental da nosa historia: lugares de socialización, de lembranzas, de comunidade… espazos con considerable valor etnográfico e que forman parte da memoria emocional dos nosos veciños”. expón Olimpia Marcos.

Para concluír, a concelleira puxo a mirada no futuro, enfatizando que “continuaremos con outros lavadoiros, como será o caso do da Fonte da Cal, na contorna de Chanteiro”.

Lea también

Neda completa la limpieza de la playa del Puntal, preparada ya para el arranque del período estival

El Ayuntamiento de Neda llevaba a cabo este mismo viernes los trabajos mecanizados de limpieza …