Narón abrirá o vindeiro luns o prazo para solicitar a instalación de postos no XV Mercado de segunda man

O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá o vindeiro 22 de decembro o XV Mercado de segunda man organizado polo Concello de Narón. A edil responsable da área de Feiras e Mercados, Mar Gómez, informou que o vindeiro luns, 4 de novembro ás 8.30 horas, abrirase o prazo para solicitar a instalación de postos neste mercado.

Poderán instalar postos de venda particulares maiores de idade, non comerciantes nin vendedores ambulantes. Un dos requisitos é que non se poderá vender artesanía, produtos alimenticios, bebidas nin animais. A inscrición é de balde pero esixirase un compromiso de asistencia e de aportación solidaria de catro quilos de alimentos non perecedeiros ou produtos de limpeza para doar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

O mercado abrirá as sús portas en horario de mañá e tarde, de 10.30 a 14.30 horas e dende as 16.00 ata as 19.00 horas e a montaxe do posto poderase realizar o día previo ao evento, o 21 de decembro, de 18.00 a 21.00 horas ou o propio domingo 22 de 8.00 a 10.00 horas.

En total hai 70 prazas, que se concederán por rigorosa orde de inscrición, trámite que se pode realizar ata o venres 29 de novembro ás 13.30 horas. As inscricións deben realizarse no Rexistro Xeral do Concello -de 8.30 a 13.30 horas-, a través da Sede Electrónica ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

É preciso utilizar o formulario normalizado disponible na Sede Electrónica do Concello (no apartado Información pública-Actividades). As persoas que teñan concedida finalmente unha das prazas ofertadas recibirán unha comunicación telefónica entre o 2 e o 5 de decembro, publicándose a maiores o listado de persoas admitidas e suplentes na web do Concello (naron.gal).

Para máis información o Concello informa que pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1502).

Lea también

O ciclo de Cine europeo retómase no Pazo da Cultura de Narón

O ciclo de Cine europeo organizado polo Concello de Narón e o Cineclube Serie B …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *