IV edición do concurso de pinchos “Saborea Cerdido”

O Concello de Cerdido acolle a IV edición do concurso de pinchos “Saborea Cerdido”, que se celebrará o 16 de novembro de 11:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas, e o 17 de novembro de 11:00 a 15:00 horas.

Todos os locais hosteleiros do termo municipal colaboran nesta iniciativa, que marca unha das grandes citas gastronómicas do ano. Os locais que participan son os seguintes: Bar Elvis (Campo da Igrexa, OsCasás); Mesón Froallo (Casavella, A Barqueira); Casa Ignacio (Felgosas, A Barqueira); e, Casa Viuda (Porto, A Barqueira).

Os gañadores serán escollidos polos consumidores, que deberán outorgar unha puntuación aos cinco petiscos, valorando o sabor, a presentación e outras cualidades que consideren oportunas.

Ao emitir o seu voto, os veciños entrarán no sorteo de tres premios consistentes nun vale de consumición en calquera dos locais participantes.

O alcalde, Alberto Rey, agarda recuperar a gran acollida de anos anteriores para deste xeito “repetir esta iniciativa a través da cal damos a coñecer os nosos produtos e as habilidades culinarias dos bares e restaurantes de Cerdido”. Do mesmo xeito, convida á veciñanza e a visitantes de municipios da contorna a “ser partícipes dun dos grandes eventos gastronómicos do ano en Cerdido”.

Lea también

Aprobados los días festivos en Valdoviño para el 2026

La corporación municipal de Valdoviño aprobaba este jueves en pleno los festivos locales para el …