O BNG de Narón presenta unha moción en pleno para que o concello revise a situación dunha “escombreira” como denominan os veciños da parroquia onde a empresa MEGASA leva décadas depositando residuos. Previamente xa presentaran unha alegación ao PXOM ao respecto pedindo a retirada no novo Plan Xeral da denominación de “infraestrutura” para este depósito de residuos.
Alegan desde a organización nacionalista que non é unha infraestrutura e así, indican no bloque, refléxase no propio “visor do Plan Básico Autonómico” da Xunta de Galiza. Desde o BNG reclaman que se muden os argumentos técnicos que nin o propio visor autonómico sostén “se o que queren é darlle cabida legal que nolo digan pero pregamos que non nos enganen” declara Olaia Ledo, voceira municipal.
Por todo isto, no BNG naronés instaron ao concello a pedirlle á Xunta de Galiza información ao respecto “A xunta no seu informe aporta datos técnicos e di que os residuos non son perigosos e que mesmo valorizan o terreo. Pedísmoslles que se acheguen e nos digan onde está a calidade paisaxística ou mellora de algo que xa non só cubre se non que temos unha montaña de residuos ao ar. Pregoamos á alcaldesa que informe que isto non é así e que escoiten á veciñanza dunha parroquia da que se esquece o concello demasiadas veces” declara Ledo. A escombreira está formada por dúas vlasas e unha terceira que verte auga no regato da Revolta, “Este regato é afluente do Xuvia e que, lembremos, forma parte da RN2000” indica Ledo, portavoz municipal do BNG.
Desde o BNG reclaman, a través da moción, que se escoite á veciñanza e póñase o foco na situación actual da escombreira. Consultando á veciñanza indican que nunca beneficiou á parroquia a situación de depósitos actuais pero que os prexuízos son moitos: todas as fontes da contorna secaron; terras agrarias cercanas se viron afectadas… “en todos os consellos territoriais da parroquia fálase deste tema, xa é triste que o concello só pida explicacións á Xunta de Galiza despois de alegar nós no plan xeral en agosto e de que un veciño rexistrase a súa queixa… nós o que queremos é que se actúe ben en Pedroso, que non nos enganen e que haxa solucións” reclama Ledo