Narón acolle a actividade Libros de pel auténtica

A concelleira de Bibliotecas de Narón, Olga Ameneiro, participou esta semana na actividade Libros de pel auténtica, inspirada no concepto de biblioteca humana.

Tres persoas-libro, con vidas marcadas por estereotipos e estigmas que persisten na sociedade, foron os protagonistas desta convocatoria, que se desenvolveu entre as 17.00 e as 19.00 horas.

Juan Luis Recio falou da experiencia dun home homosexual que viviu diferentes etapas históricas dos movementos do colectivo. Por qué o chamas sexo cando quero dicir amor?: descubrir a sexualidade no franquismo e vivencia LGTB en tempos revoltos foi o título da convocatoria, realizada en colaboración con Alas A Coruña.

O reflexo de Thalía: historia dunha muller humana, foi outra das propostas, neste caso protagonizada por Thalía Romero, unha moza xitana que narrou a súa experiencia rachando cos estereotipos desta comunidade. A asociación Acción Familiar Ferrol colaborou coa iniciativa.

Hiba Diboun, unha moza inmigrante marroquí musulmana, integrante do Club Atletismo Narón, tamén colaborador nesta proposta municipal, foi a encargada de contar a súa experiencia: Sin prexuízos: unha rapaza musulmana nun mundo diverso. Juan, Thalía e Hiba compartiron a súa historia co público que acudiu á convocatoria, que tuvo a oportunidade de explorar novas perspectivas e desafiar os estigmas sociais.

Os asistentes tiveron a oportunidade de “ler” persoas en lugar de libros tradicionais, conversando directamente con elas para interesarse e profundizar nas súas historias e vivencias persoais.

A concelleira de Bibliotecas agradeceu a implicación dos tres participantes e recalcou a importancia de derrubar prexuízos sociais a través do diálogo, promovendo a empatía e o entendemento a través das conversas e, ao mesmo tempo, reflexionado sobre temas de identidade, diversidade e inclusión.

Lea también

«Tardes xuvenís» en Narón ofrece actividades e obradoiros na Casa da Mocidade

A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o …