Visitas guiadas en Cedeira ó xacemento de Sarridal

Como xa sucedeu en anteriores campañas, as persoas interesadas poden achegarse ata o castro os xoves 24 e 31 deste mes, ás 11.00 horas.

A nova campaña de escavacións que o equipo de Axa Arqueoloxía está a desenvolver no xacemento de Sarridal, financiada polo Concello de Cedeira, vai traer consigo dúas visitas guiadas abertas a todas as persoas interesadas que queiran achegarse. Serán os vindeiros xoves días 24 e 31 desde mes de outubro, ás 11.00 horas, e o director da escavación, Emilio Ramil, será o encargado de explicar as descubertas e os traballos que se están a desenvolver.

O equipo de arqueoloxía está tamén disposto a recibir a grupos de colexios e institutos, que neste caso deberán concertar a visita chamando ao concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xosé Antón Arribe Rodríguez, ao número 620 972 981.

As escavacións arqueolóxicas no castro Sarridal comezaron no ano 2015 e desde entón realizáronse achados importantes e singulares, como a sauna castrexa, a pedra formosa máis antiga das descubertas ata o momento en Galicia, a estrutura dunha forxa, un sistema defensivo reforzado con torreóns interiores e exteriores…

A importancia do xacemento radica, entre outras cosas, en que os restos atopados nas diferentes campañas contan a historia da ocupación desta zona a través de case oito séculos, desde o III a.C. ata o IV ou V d.C.

Lea también

Jornada de puertas abiertas en la Biblioteca Naval de Ferrol, «la cultura también se navega»

Este viernes día 23 de octubre, con motivo de la celebración del Día Internacional de …