Cedeira ultima o certame Tapas de Outono

O goberno municipal de Cedeira promove unha nova edición do certame Tapas de Outono que se desenvolverá os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro.

A hostalería local ten ata o día 25 de outubro para apuntarse neste concurso que ten como obxectivos dinamizar o sector nunhas datas que tradicionalmente son frouxas no sector e amosar a calidade e variedade da gastronomía local.

Segundo as bases d esta nova edición, cada local hostaleiro poderá concurrir ao certame cun único petisco, no que deberá empregar ingredientes propios do outono. Aumenta o prezo de venda da tapa, ata os 3€, e o público poderá votar e participar así no sorteo dunha cea no establecemento que resulte gañador.

As tapas serviranse o venres 29 á noite, o sábado nos servizos do mediodía e da noite e o domingo 1 de decembro ao mediodía. As persoas que queiran votar deberán probar a metade dos petiscos que participen nesta edición do certame, e ter o selo correspondiente na papeleta.

Nela consignarán 3, 2 e 1 puntos para os bocados que consideren mellores. Gañará o que máispuntos sume e o que teña máis votos de 3 puntos en caso de empate, sempre cun mínimo de 50 votos.

Os establecementos hostaleiros de Cedeira poden chamar ou enviar un Whatsapp ao número de teléfono 697 479 710 ou ben mandar un correo electrónico a noel.lopez@cedeira.gal.

Lea también

Neda mantendrá abierto todo el año la solicitud de sus ayudas de natalidad

El Ayuntamiento de Neda recuerda que mantiene abierto durante todo el 2024 el programa de …