BNG de Narón reclama acceder ás subvencións da Deputación para financiar o posto de técnico deportivo

O BNG de Narón conseguiu en pleno que se aprobase a inclusión no cadro de persoal de técnico deportivo en Narón. Ademais, na mesma moción reclamábase que de maneira temporal (e mentres non se modificase a RPT municipal) se optase ás axudas da Deputación.

As axudas para diferentes gastos de persoal, publicadas o 14 de outubro no BOP da provincia, entre elas as de técnico deportivo “reclamamos que fagan cumprir os acordos plenarios. Se por fin accederon a que a figura de técnico deportivo é necesaria no noso concello que se poñan xa a traballar para que sexa unha realidade.  O deporte de Narón precisa unha mirada transversal con persoal coa formación específica para avanzar no deporte e coas subvencións da Deputación poden telo de maneira case inmediata” declara Ledo, protavoz municipal.

Ademais, desde o BNG de Narón poñen o foco a que o goberno de Terra Galega perde axudas que lle axudarían a que as arcas municipais estivesen mellor “hoxe poderíamos solicitar tamén para o museo de Xuvia no seo da Deputación pero preferiron que fose xestionado demaneira privada a través dunha licitación.  Estas axudas para museos e centros etnográficos xa lles dixemos que as solicitasen o ano pasado pero preferiron ter o Muíño de Xuvia pechado” incide Olaia Ledo.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …