Axenda en Narón do 11 ao 13 de outubro

Venres 11 de outubro de 2024

Actividade: Espectáculo de narración oral » Faros«;  Ás 20.30 horas no Pazo da Cultura de Narón.

A compañía Félix Albo estrea apostou polo Pazo da Cultura de Narón para estrear esta peza de narración oral, de algo máis dunha hora de duración e dirixida a público adulto. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es .

Sábado 12 de outubro de 2024

Actividade: Danza contemporánea «Va de Bach», ás 20.00 horas. Lugar: Pazo da Cultura

A danza contemporánea chega esta fin de semana ao Pazo da Cultura da man da compañía Aracalandanza, que representará Va de Bach. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es .

Domingo 13 de outubro de 2024

Actividade: Vaiana, el musical del momento. Hora: 18.00 horas, Lugar: Pazo da Cultura

Un musical familiar é a proposta cultural do Pazo da Cultura para este domingo. Vaiana, el musical del momento, de Gadium Teatro, ofrecerá un espectáculo con voces en rigoroso directo acompañadas de proxecións e un vestiario espectaculares. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es .

Actividade: XXXI Ciclo Tempo de Música Hora: 18.00 horas Lugar: Local social da Picota (O Couto)

O ciclo musical inclúe na súa programación as actuacións das corais Chorima, de Castro (Narón), e Airiños da Capela (A Capela). O Concello e a AVV do Couto organizan esta convocatoria, cuxas entradas son de balde.

Lea también

Visitas guiadas na Biblioteca municipal Narón e na Axencia de Lectura da Gándara

As persoas que desexen coñecer as instalacións e os servizos que se prestan nas instalacións …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *