O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol manifesta o seu rexeitamento á nova normativa de aparcamento implantada na rúa da Igrexa, á altura do teatro Jofre.
«A decisión do goberno local de restrinxir o aparcamento a vehículos lixeiros e unha nova “ocurrencia” mais do goberno municipal para xustificar unha chapuza que desvirtuou o proxecto orixinal de reurbanización».
«O goberno de José Manuel Rey Varela intentou poñer o seu ‘selo’ nunha obra que xa estaba practicamente rematada, modificando un proxecto que garantizaba beirarrúas máis amplas e maior seguridade para os peóns», afirma Ángel Mato portavoz do Grupo Municipal Socialista.
«Dende o noso grupo pedimos que se suprima o aparcamento nesta zona e se execute o inicialmente previsto: a creación dun espazo público onde se prioricen os peóns e se garanta unha mobilidade máis fluída e segura». «A modificación imposta polo goberno actual trouxo consigo problemas de invasión da calzada e da beirarrúa por parte de vehículos que non caben adecuadamente no espazo asignado, aumentando o risco de accidentes e a conxestión nunha das rúas máis transitadas do centro da cidade».
«O proxecto orixinal, iniciado no mandato anterior, prevía a eliminación do aparcamento en superficie e a ampliación das beirarrúas, co fin de mellorar a calidade do contorno urbano. Con todo, o goberno actual decidiu reintroducir zonas de aparcamento que non estaban contempladas no deseño inicial, prexudicando tanto aos comerciantes como aos veciños». «É outra chapuza máis do goberno de Rey Varela, que segue favorecendo a invasión de vehículos en detrimento da cidadanía«, subliña o Grupo Municipal.
«O horario limitado de carga e descarga tampouco ofrece unha solución adecuada, xa que os camións non caben nas prazas designadas, o que obriga aos condutores a invadir a beirarrúa oposta ou parte da calzada, afectando gravemente á seguridade viaria».
«Solicitamos ao goberno local que recapacite e volva implementar o proxecto orixinal, que buscaba un urbanismo máis sostible e unha mellor calidade de vida para os peóns«, engade o portavoz socialista.
«Esta situación súmase a outros casos nos que as políticas do goberno de Rey Varela favoreceron a presenza excesiva de vehículos privados en espazos que deberían estar destinados á cidadanía, como ocorre na praza de Armas».
O Grupo Municipal Socialista «insta ao goberno a escoitar as demandas dos veciños e comerciantes, e a suprimir o aparcamento na rúa da Igrexa para devolver o espazo a quen realmente o necesita: os peóns».
Esquence o Sr. Mato que perdeu as eleccións, en realidade nunca as gañou, chegou a ser Alcalde polo voto en contra de outras formacións a que gobernase o PP.
E que o proxecto da rúa da Igrexa se fixo coa a oposición dos veciños e veciñas do Barrio da Madalena, como tamén foi a desastrosa reforma do Pazo do Concello, o endebedamento do Concello, encheou a cidade de parques infantis -como se non chegaban os que xa habían e xa sabemos o seu elevado custe, e por riba non os usan o nenos senon adolescentes xa medradiños-, non ataxou os problemas de ruido que sobren os veciños do centro da cidade, máis terrazas, concertos na rúa (Iste era o seu proxecto de cidade?, e o veciños que? ) …
O Sr. Mato non é o dono da cidade.