As Pontes celebra unha nova edición da Feira do Mel e o Queixo

A parroquia pontesa de Goente acolle o domingo 13 de outubro, unha nova edición da Feira do Mel e o Queixo, unha proposta que ten como obxectivo poñer en valor dous dos produtos esenciais da gastronomía do municipio.

A cita, organizada polo Concello das Pontes, en colaboración coa Casa do Mel de Goente e Queixerías do Eume, ten como en edicións anteriores “dar a coñecer e poñer en valor dous produtos locais agroalimentarios diferenciados así como fomentar o seu consumo e ofrecendo ás persoas visitantes a oportunidade de apoiar, de forma directa, sector económico que comporta importantes oportunidades de desenvolvemento para o medio rural”, indica Elena López, concelleira de Promoción Económica.

A cita que ten como finalidade promocionar e exaltar os produtos da gastronomía pontesa así como dinamizar ou sector primario, comezará ás 10:00 horas,coa apertura dos postos de mel e queixo de produtores locais e chegados desde diferentes puntos da xeografía galega así como dos postos de artesanía e alimentación.

A partir das 11:00 horas será a queda para os obradoiros de cociña, plantas e candeas e que terán continuidade ás 14:00 horas, ás 16:00 horas e as 18:00 horas

Ás 12:00 horas comezará unha degustación de petiscos elaborados a partir dos queixos de Eume e mel de Goente; da man Salomé Beiroa e André Arzúa, a través da que o Concello das Pontes quere poñer en valor a calidade, a versatilidade e as potencialidades do queixo e o mel local, por medio de diferentes degustacións.

E finalmente, ás 17:30 horas o mago Roberto Lolo amenizará a sesión de tarde da Feira Asemade habilitarase un servizo de comidas para o público asistente, que ofrecerá un menú composto por callos, tenreira asada e requeixo con mel.

Lea también

La Armada celebra en Ferrol, un año más, la festividad de su Patrona, la Virgen del Carmen

La Armada celebrará el próximo día 16 la festividad de su Patrona, la Virgen del …