A Biblioteca municipal de Narón este mes acolle actividades varias

A Biblioteca municipal de Narón celebra o Mes da Biblioteca con numerosas propostas que comezan este venres 4, e rematarán o 26 de outubro.

Así o recordou a edil da área, Olga Ameneiro, indicando que este venres haberá un obradoiro para aprender a facer un podcast e o sábado un espectáculo de contacontos de Caxoto. A programación continuará o 19 deste mes, con outro contacontos, neste caso sensorial para bebés e as súas familias que dará comezo ás 11:00 e para o que se abrirá o prazo de inscrición esa mesma semana, o día 15.

O mércores día 23 haberá unha actividade dirixida a público xuvenil e adulto, Libros de pel auténtica, unha actividade baseada nas Bibliotecas Humanas, para a que tamén se abrirá un prazo de inscrición. As visitas guiadas, co fin de dar a coñecer mellor tanto as instalacións da Biblioteca como os múltiples servizos que se prestan na mesma, retomaranse este mes, concretamente os días 24 e 25, ás 11:00 horas.

Un ano máis, apostouse por incluír nas visitas guiadas, co mesmo obxectivo, as instalacións da Axencia de Lectura da Gándara, que se poderá visitar o venres 25 pola tarde, ás 17:30 horas. Un espectáculo de narración oral para público adulto, Contos de revolución, dará continuidade á programación o día 25 ás 19:30 horas. Neste caso trátase dunha actividade de entrada libre, ata completar a capacidade da sala.

Finalmente o sábado 26, ás 11:00 horas, celebrarase un obradoiro infantil especial do Día da Biblioteca, con prazas limitadas. “Un ano máis, no mes da biblioteca organizamos unha completa programación, con propostas de balde e moi variadas para que poidan desfrutar delas os nosos veciños”, destacou Ameneiro.

Así mesmo, a edil animou á cidadanía a inscribirse nas que así o requiren e, sobre todo a coñecer as instalacións e os servizos que alí se prestan, porque son moi variados e en ocasións, aínda descoñecidos para algunhas persoas”.

Lea también

Club Arco Narón obtiene muy buenos resultados en la III jornada de la Liga galega indoor

Gran cosecha de podios para los deportistas de la Escuela Deportiva Municipal de Narón de …