Antón Cortizas volve ao fronte do Foro Galego Literario de Valdoviño

Un ano máis, o profesor e escritor Antón Cortizas será o encargado de guiar as sesións do Foro Galego Literario do Concello de Valdoviño neste curso 2024-2025.

Os encontros celebraranse na Biblioteca Municipal cada dous meses, os mércores en horario de tarde, e o departamento municipal de Cultura abre inscricións para sumarse á iniciativa, dirixida a veciños de 16 anos en adiante.

A participación é de balde, e a intención é arrincar o programa neste mes de outubro.

Seguindo a estela de edicións pasadas, o Foro Galego Literario volverá convidar aos autores que protagonicen as sesións, de modo que as persoas participantes poderán intercambiar impresións cos propios escritores.

As inscricións, ata o 10 de outubro, poden formalizarse na casa da cultura, de luns a venres de 10 a 14 horas, ou online, a través da sede electrónica da web municipal.

Lea también

El Aula UNED de Ferrol acoge una conferencia sobre el impacto del Nilo en el Antiguo Egipto

El Aula UNED de Ferrol (situada en la calle María, 52-54) se convertirá este viernes, …