Entrega en Narón dos diplomas do curso de Atención sociosanitaria a dependentes

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron os diplomas ao alumnado que realizou o curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

O acto tivo lugar nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, onde se desenvolveu a maior parte desta acción formativa, cun total de 468 horas.

A alcaldesa e a edil de Formación interesáronse ante o alumnado pola súa experiencia neste curso, tanto no apartado teórico como nas prácticas realizadas en centros DomusVI, a residencia de Laraxe e o Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

Esta acción impartiuse entre os meses de maio e setembro, se ben xa se convocou este mesmo ano outra de idénticas características que tivo lugar entre xaneiro e xuño.

Ferreiro e Hermida felicitaron ao alumnado, procedente de diferentes concellos, entre eles Narón, por realizar este curso e desexáronlles sorte de cara á súa posible inserción laboral nun sector, o da atención sociosanitaria, cunha importante demanda de persoal.

Ademáis, recordáronlle ao alumnado os diferentes servizos que se ofrecen dende a área de Formación, recollidos no tríptico Conectados polo emprego –que se pode consultar a través da web municipal no enlace: https://naron.gal/web/docs/triptico_emprego.pdf-.

Lea también

O Goberno local de Narón matiza algúns puntos tratados no pleno ordinario

  En canto ás mocións aprobadas no pleno, sobre as manifestacións realizadas dende o PSOE …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *