O auditorio municipal de Narón acollerá o «XX Certame de Habaneras»

A cita musical dará comezo o sábado 28 ás 17:30 horas e a entrada é de balde, ata completar a capacidade do auditorio.

O Auditorio municipal, na Praza de Galicia, acollerá un ano máis o Certame de Habaneras organizado polo Padroado da Cultura e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros. A convocatoria alcanza este ano a súa vixésima edición e dará comezo ás 17:30 horas.

As formacións corais que actuarán nesta edición serán as corais da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros; a de San Esteban, de Redondela, a Agrupación Lucero del Alba, de Neda, e a Rondalla das Pontes. A entrada é de balde, podendo asistir todas as persoas que o desexen ata completar o aforo do Auditorio municipal.

Lea también

Cariño celebra a XLVII Mostra de Teatro Galego

O Concello de Cariño celebra a XLVII Mostra de Teatro Galego, unha das citas culturais …