Ferrol en Común leva a pleno unha proposta contra o racismo

Ferrol en Común levará ao vindeiro Pleno unha proposta contra o racismo coa que busca sensibilizar á sociedade ante o crecemento da intolerancia e o aumento dos actos de discriminación.

A moción de FeC ten coma obxectivo a declaración de Ferrol coma “cidade libre de racismo e xenofobia”, ademais de «promover un traballo coas entidades que funcionan no eido da migración e por suposto, condenar todos os actos e manifestacións racistas que teñan lugar no noso municipio».

A proposta que presentamos dende FeC «responde ao interese xeral da convivencia intercultural e democrática e faise moi necesaria nun momento coma este, na que non deixan de medrar os comportamentos racistas e discriminatorios e os discursos do odio, que alimentan estigmas contra a migración e crean alarma social».

«Dende logo, non somos alleos ao preocupante fenómeno do incremento da inmigración, pero iso non xustifica os actos e manifestacións contra as persoas que veñen en busca dunha vida mellor, nin podemos permitir que se vexan ameazados os seus dereitos e liberdades fundamentais».

«Por iso a moción vai máis aló de declarar o municipio libre de racismo e xenofobia, senón que tamén se aposta por poñer en marcha xornadas de sensibilización e de convivencia intercultural nos centros cívicos, colexios ou institutos».

«Agardamos contar co apoio de todos os grupos municipais, pois soamente unidos podemos loitar contra a lacra do racismo e a xenofobia» conclúen.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …