Narón acolle o espectáculo para público familiar e infantil «Bruxa e abella»

A Biblioteca municipal de Narón acolle este sábado 28 deste mes un espectáculo dirixido a público infantil –a partir de 3 anos- e familiar.

“Bruxa e abella” é o título da peza da compañía Trémola Teatro que se poderá ver ás 11:00 horas nas citadas instalacións.

As persoas interesadas en asistir deberán reservar praza previamente, tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, podendo facelo a partir do martes 24 de setembro ás 16:00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173.

“Bruxa e abella” é unha obra protagonizada por unha meiga, de nome Bruxa, moi diferente ao resto e que non quere ter un gato como mascota, senón unha abella. Ela convencerá a todos de que as abellas poden ser as mellores compañeiras das bruxas.

A través deste espectáculo o público poderá descubrir a importancia que teñen as abellas no noso mundo.

Lea también

La Xunta inicia en Narón la conversión de un local vacío en 14 viviendas públicas

Esta actuación, con una inversión de 1,6 M€, permitirá transformar en hogares unos locales que …