Axenda en Narón do 20 ao 23 de setembro

Venres 23 de setembro de 2024

Actividade: VI Festival Internacional Entes Animados Hora: 19:00 Lugar: Centro Cívico Social de San Xiao

A sexta edición do Festival Internacional de Entes Animados comezará na parroquia de San Xiao, onde se poderá ver o espectáculo de monicreques “Lupus Augustus”, da compañía lusa Historioscopio Teatro. O Concello colabora nesta iniciativa xunto a outros concellos e entidades. A entrada é de balde.

Actividade: Fiestuki Hora: A partir das 23:00 Lugar: Avenida Cataluña (A Gándara)

O Concello colabora coa Asociación de hostaleiros da Gándara e a comisión de festas do barrio neste evento que programa varias actuacións e con atraccións infantís de venres a luns nesta zona da cidade. Nesta xornada actuará Zona Zero.

Sábado 21 de setembro de 2024

Actividade: IV Torneo Promoción de xadrez Hora: A partir das 11:00 Lugar: Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro

O Concello e o Círculo Xadrez Narón organizan coa Federación Galega de Xadrez esta convocatoria, que se disputará nas categorías sub 8, sub 10, sub 12 e sub 14 ao longo da mañá e da tarde.

Actividade: VI Festival Internacional Entes Animados Hora: 17:00 Lugar: Centro Cívico Social de Sedes Hora: 20:30 Lugar: Local Social da Pombiña (Pedroso)

Nesta xornada poderase ver a obra “Alguma Coisa”, da compañía Fábio Superbi, de Brasil, en Sedes e o espectáculo “Dom Roberto”, da compañía lusa Fio d´Azeite, na Pombiña. A entrada é de balde.

Actividade: Odeón Bulevar Festival Hora: A partir das 22:00 Lugar: Avenida Cataluña (A Gándara)

A zona da Gándara acollerá un festival de DJ, con Kurd Maverik como convidado especial e contando tamén coas actuacións de Marién Baker, Afrolat e Rachelle e Titinho. Anímase á xente a acudir vestida de cor branco para ambientar este evento festivo.

Domingo 22 de setembro de 2024

Actividade: Odeón Bulevar Festival Hora: A partir das 14:30 Lugar: Avenida Cataluña (A Gándara). Nesta xornada haberá unha actuación musical a cargo do grupo Boreal e tamén atraccións infantís.

Luns 23 de setembro de 2024

Actividade: Día do neno Hora: A partir das 17:00 Lugar: Avenida Cataluña (A Gándara). O Día do neno será unha xornada con prezos reducidos durante toda a tarde nas atraccións ubicadas na zona.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …