Cabanas conta cunha furgoneta para mellorar o servicio de obras e mantemento

O Concello de Cabanas conta cunha nova furgoneta para mellorar a mobilidade do persoal de obras así como o transporte de ferramentas e materiais necesarios na labor diaria deste departamento.

O alcalde de Cabanas, Fernando Couce, recibiu o vehículo valorado nun total de 40.000€, sendo 30.000€ con cargo á subvención solicitada polo Concello de Cabanas ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia; e 10.000€ aportados polo propio Concello.

“Tras a baixa da anterior furgoneta, esta adquisición era urxente e necesaria para asegurar unha boa prestación dun servicio tan básico e imprescindible como é o mantemento do noso Concello, que implica o desplazamento de persoal de obras e tamén das numerosas ferramentas e materiais necesarios.”, sinala Fernando Couce.

“Ao igual que a semana pasada co novo vehículo, con esta furgoneta seguimos avanzando no compromiso deste goberno de renovar e actualizar o parque móbil do Concello, mellorando a capacidade dos servicios prestados á vez que se reducen os gases contaminantes, neste caso cunha furgoneta híbrida de baixas emisións”, engade o alcalde.

Lea también

Neda restablece el suministro de agua en todo el municipio, pero no descarta nuevas interrupciones si persiste la sequía

Los trabajos realizados por Veolia para aumentar la entrada de agua procedente del embalse de …