O Cidade de Narón arranca a tempada cunha vitoria ante o ED Vigo

O Cidade de Narón arrancou unha nova temporada na Terceira División Nacional cunha importante vitoria ante o ED Vigo 2015.

Fuente Club Cidade de Narón

Primeiro test para os naroneses que renovan plantel coas incorporacións de Miguel Caeiro, Javier López e Héctor Corgo, estes dous últimos xogadores que volven á que foi a súa casa.

O Cidade sumou tres puntos importantes ante un rival que callou unha moi boa actuación a temporada pasada pero que este sábado se atopou cun Iván moi acertado de cara a porta xa que en menos de 10 minutos anotou tres tantos que puxeron ao Cidade por diante no marcador. Javi, que volvía a vestir a elástica naronesa, anotou o cuarto e definitivo tanto do equipo amarelo para poñer un 3-4 no marcador final.

O primeiro tempo arrancou con dous equipos moi prudentes nos seus plantexamentos, sobre todo en ataque, con defensas en media pista e sen tomar demasiados riscos. Sen embargo, dous erros dos naroneses no seu afán por ter a posesión do balón fixeron que o ED Vigo se fora ao descanso cun 2-0 ao seu favor. Un resultado moi cómodo para os locais e logo de varias ocasións erradas polo Cidade.

Pero a segunda parte ía ter cor amarela. Os naroneses saíron do vestiario coas ideas moito máis claras e con gañas de recortar distancias. Os pupilos de Javi Albes subiron liñas e intensificaron a presión sobre os locais que responderon
con balóns á contra. Pero un acertadísimo Buxía desbaratou unha e outra vez as arremetidas dos vigueses.

E chegou a remontada do Cidade. En menos de dez minutos Iván foi quen de darlle a volta ao luminoso do Universitario Cuvi con dous tiros exteriores que bateron ao porteiro vigués e un terceiro tanto ao segundo pao logo dunha gran combinación en ataque con pase de Lucas a Diego que enviou ao segundo para que Iván o empurrara ao fondo das mallas.

O cuarto e definitivo tanto dos naroneses foi obra de Javi, que aproveitou un erro dos locais no xogo de 5 para 4. O partido rematou co marcador final de 3-4 para os de Narón. Un resultado que permite aos amarelos sumar os tres primeiros puntos desta temporada e coller confianza no inicio de liga.

O vindeiro sábado, a partir das oito do serán, o Cidade de Narón estrearase na casa ante o Sport Sala Culleredo.

Ficha técnica: ED Vigo: Joel, Miguel, Samuel, Óscar e Manuel. Tamén xogaron Alberto, Lucas, Jorge, Tomás, Javier e Carlos.

Cidade de Narón: Fer Combarro, Guille, Diego, Javi e Miguel Caeiro. Tamén xogaron Buxía, Lucas, Iván, Héctor e Pablo.

Goles: (1-0) min. 14, Tomás; (2-0) min. 19, Javier; (2-1) min. 23, Iván; (2-2) min. 25, Pablo Iván; (2-3) min. 31, Iván; (2-4) min. 38, Javi; (3-4) min.39, Samuel.

Árbitros: Adrián González e Alexander Weber (C.T.A. Galego).

Pavillón: Pavillón Universitario Cuvi (Vigo)

Lea también

Narón pon rumbo ao Nadal cunha programación chea de actividades

Narón xa respira ambiente de Nadal que irá estendéndose cunha programación pensada para converter as …