A Ludoteca da Solaina, Narón, conmemora o Día Internacional do chocolate

A Ludoteca municipal da Solaina retoma este mes a programación do novo curso co propósito de construír un futuro mellor para os nenos.

A edil de Bibliotecas de Narón, Olga Ameneiro, avanzou que na xornada deste venres 13 se celebrará no centro o Día Internacional do Chocolate cunha “tarde larpeira”. A iniciativa, na que participarán os menores matriculados no centro, consistirá nun obradoiro de cociña no que prepararán unha merenda que terá como ingrediente principal o chocolate, tal e como explicou a edil naronesa.

Esta festividade naceu como homenaxe ao escritor británico Roald Dahl, autor da recoñecida obra “Charlie e a fábrica de chocolate”. A concelleira recordou ademais que xa se poden realizar as inscricións para participar nas actividades e obradoiros que se desenvolverán na Ludoteca municipal este curso.

Os destinatarios son menores de 2 a 12 anos e terán preferencia os empadroados en Narón. As instalacións retomaron xa horario de tarde, e ofértanse un total de 20 prazas para cada un dos grupos establecidos (en función da idade e dos días e horarios): azul, verde, laranxa, vermello, mestura I e II e para o grupo branco (2 anos) un total de 15 prazas.

As familias interesadas en informarse poden facelo no horario de atención ao público das instalacións, de luns a venres entre as 19:00 e as 20:00 horas, no propio centro (rúa Cardenal Cisneros, 2, A Solaina) ou chamando ao número de teléfono 981 389 284.

Lea también

La Xunta inicia en Narón la conversión de un local vacío en 14 viviendas públicas

Esta actuación, con una inversión de 1,6 M€, permitirá transformar en hogares unos locales que …