A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Ardentía 1854’

Unha viaxe a 1854, ano da epidemia de cólera que acabou co 30 % da poboación de A Coruña, mais tamén unha reflexión sobre as decisións precipitadas e as consecuencias delas: esa é a proposta literaria que trae até Ares a xornalista María D. López Menéndez coa súa primeira novela, ‘Ardentía 1845’ (Hércules de Ediciones, 2024).

Unha obra que se presenta este venres 13 de setembro, ás 20:00 horas na Alianza Aresana.

Acompañada pola súa editora, Laura Rodríguez, e o xornalista e escritor Pablo J. Rañales, a autora coruñesa afondará nesta historia cun misterio entre dúas épocas, con dúas historias de amor e, sobre todo, cunha crónica da epidemia que supuxo un dos maiores traumas para A Coruña cando se erixía como un dos máximos símbolos do liberalismo da época, xunto con Cádiz.

‘Ardentía 1854’ segue os pasos dunha moza de dezaoito anos, Dolores Seoane, e a súa insólita viaxe no tempo dende a urbe herculina de 1992 a mediados do século XIX. Uns libros antigos, custodiados nun templo, desatan un misterio: que ocultan e quen os depositou na Igrexa de San Nicolás? Atopará Dolores aos seus antepasados na Coruña de 1854, poderá escapar daquela época e regresar ao seu presente?

Unha novela, en esencia, para explorar un dos anos máis tenebrosos de Galicia aproveitando as características da ficción: «con ela poderemos viaxar, ollar e entender o máis fondo do noso pasado».

Lea también

El concierto de Manu Sija cierra en Neda el festival itinerante Jazz de Ría

Jazz de Ría concluirá su décima edición este domingo 16 a mediodía en Neda. El …