O pleno de Narón destina 953.000€ do POS+Adicional á reparación de viais rurales

O pleno extraordinario do Concello de Narón aprobou  cos votos favorables dos edís de TEGA, PP e PSOE e a abstención do BNG, nunha sesión extraordinaria destinar unha partida de 953.077,50 euros do POS+ Adicional a realizar obras de mellora de viais en varias zonas do núcleo rural.

A proposta levouse o pasado luns á Comisión Informativa de Contratación, Persoal e Especial de Contas, presidida polo edil de Facenda, Román Romero. Unha parte dos traballos a executar nos vindeiros meses –unha vez aprobado no pleno procederase á súa licitación e posterior adxudicación- consistirá na reparación de pistas de aglomerado dos camiños de Ferrerías, Corredoira, Rúa San Pedro e Rúa de Soria e nos de Pedregal, Villallonte, A Chousa, Calliqueira e outros.

A maiores, tamén se actuará nos camiños de Cerdeiras, Capilla da O, Ruxida, Río Seco, Carballal e Lodairo e os de Bazón, Borreiros, Borrallada, Nelle, As Torres, Calvario, Asperón, Pereiro, Abarqueiros, Redondo e Camiño das Murallas.

En total, actuarase en máis dunha trintena de pistas do termo municipal. “Trátase de actuacións en todos os casos moi necesarias e que permitirán mellorar o estado actual destes viais”, apuntou a alcaldesa, Marián Ferreiro, trala sesión plenaria.

Así mesmo, indicou que “son tan só parte dalgunhas das intervencións previstas nesta área e que continuaremos promovendo porque se trata de obras que consideramos necesario priorizar e por iso dende o goberno local apostamos por destinar esa partida de preto dun millón de euros a estas actuacións”.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …