Axenda en Narón do 7 ó 8 de setembro

Sábado 7 de setembro de 2024

Actividade: Festa infantil solidaria Hora: De 12:00 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 20:00 horas Lugar: Parque de Freixeiro

O Concello organiza un ano máis este evento, que ten un apartado dobremente solidario, coa venda dos “bocatíns” da Asociación Sociocultural ASCM e co Centro de Recursos Solidarios de Narón, cun espazo para doar alimentos non perecedoiros. Haberá numerosas atraccións acuáticas e tamén unha gran festa da espuma a última hora da tarde.

Actividade: IX Torneo internacional Cidade de Narón de fútbol 8 Hora: A partir das 13:00 e ata as 22:45 horas Lugar: Estadio municipal de Río Seco

O Concello organiza coa Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa Narón O Freixo esta convocatoria, na que participarán un total de 42 equipos, coas categorías alevín en benxamín.

 

Domingo 8 de setembro de 2024

Actividade: IX Torneo internacional Cidade de Narón de fútbol 8 Hora: A partir das 11:00 e ata as 20:35 horas Lugar: Estadio municipal de Río Seco.

Lea también

Próxima licitación das obras de rehabilitación integral do CEIP A Gándara por un importe estimado de1,6 M€

A Xunta licitará este mesmo ano as obras de rehabilitación integral do CEIP A Gándara. …