IV edición en Narón da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage

O pavillón da Mocidade, na Gándara, acolle a fin de semana do 14 e 15 de setembro a IV edición da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Asociación Ferro Vello.

A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou a convocatoria, que reunirá a unha trintena de anticuarios chegados de diferentes localidades galegas, algún deles coleccionistas locais e tamén outros procedentes doutras comunidades, como Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela León e países veciños como Portugal

“As persoas que se acheguen poderán ver diferentes artículos repartidos nuns 1.200 metros cadrados de exposición, moitos deles pezas únicas”, apuntou Gómez. Mobiliario antiguo, artículos de decoración, moedas, libros, aparellos de labranza, selos, artesanía, discos… formarán parte dos artículos que estarán á venda durante toda a fin de semana.

Esta feira, tal e como indicou a edil naronesa “é un evento que, aínda que vai só pola cuarta edición, está moi consolidado na nosa cidade”. Gómez recordou que na anterior edición achegáronse ao evento centos de persoas non só de Narón e da comarca, senón tamén doutros concellos.

“Xa daquela, o pasado mes de marzo, anunciamos que debido á gran acollida convocariamos unha nova edición en setembro e así o fixemos”, recalcou. A feira ten entrada de balde e poderá visitarse nas dúas xornadas en horario de mañá e tarde, de 10:00 a 14:30 e dende as 16:30 ata as 21:00 horas, tal e como apuntou a concelleira naronesa.

Gómez animou á veciñanza da cidade e doutras localidades a achegarse esa fin de semana a Narón para ter a oportunidade de ver artículos moi variados e codiciados polos amantes das antigüidades.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …