A Xunta clausura en Narón o PIE da Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol

A iniciativa contou cun investimento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de 220.000 euros.

Fot. Xunta

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou este venres no centro formativo Irmáns Froilaz, en Narón, na clausura do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol que contou cun financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de 220.000 euros.

Durante a visita, a responsable autonómica puxo en valor esta iniciativa na que tomaron parte un centenar de mulleres e que, unha edición máis, volveu a superar o seu obxectivo inicial ao acadar unha inserción laboral do 40% das súas participantes -o obxectivo inicial era do 35%-.

O PIE da Mancomunidade estivo orientado a mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas demandantes de emprego con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral -neste caso mulleres- a través de diferentes accións e durante un período de 12 meses.

Fot. Xunta

Así sinalou que se levaron a cabo actividades de orientación e asesoramento personalizado, formación, técnicas de motivación, desenvolvemento de habilidades sociolaborais ou obradoiros para preparación de entrevistas. Tamén se fomentou o contacto co tecido empresarial, a prospección de oportunidades e a posibilidade de prácticas profesionais non laborais. En canto á formación específica impartíronse seis itinerarios en materia de intelixencia artificial, construción naval, limpeza industrial, cociña, comercio e loxística e agricultura ecolóxica.

O PIE da Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol é un dos tres programas que o Goberno galego financiou o pasado curso na área territorial de Ferrol cun investimento conxunto de 580.000 euros.

Lea también

A Sociedade Cultural Areosa en colaboración co Padroado organiza o XXII Certame de Habaneras de Narón

A Sociedade Cultural Areosa en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón organiza …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *