A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! proxectará o vindeiro domingo 4 de outubro o documental multipremiado “Cardoña, Fotos a sete pesetas” do director celanovés Carlos Lorenzo.
A proxección, terá lugar no Centro Cívico de Sedes ás 18:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. Unha vez finalizada a proxección abrirase un coloquio co director do documental Carlos Lorenzo.
“Cardoña, fotos a sete pesetas” conta a vida de Cardoña (José Gestal) quen foi un dos moitos fotógrafos espallados por Galicia que traballaban dun xeito ambulante como un medio vida que lle permitía obter ingresos para subsistir.
Cardoña era un obreiro da foto. O seu traballo humilde converteuse sen el sabelo nun legado documental que hoxe serve para afondar no coñecemento da Galicia rural de boa parte do século XX. A súa filla Matilde e fotógrafos e expertos como Xurxo Lobato, Xoán Piñón, Carlos Castelao e Manuel Sendón cóntannos como era aquel oficio e homenaxean a quen contribuíu a que permanecera viva a nosa memoria.
O documental recibíu unha morea de premios en diferentes festivais tanto estatais como internacionais:
- Arraial Cine Fest (Brasil, 2024): Doble galardón como Mellor Filme Internacional e Mellor Corto Documental.
- All That Moves International Film Festival (Brasil, 2023): Premio ao Mellor Director de Cortos Documentales.
- Arjuntala International Film Festival (India, 2023) y Northstar Filmfare (India, 2024): Gañador do premio o Mellor Documental Internacional en ambos certámenes.
- Colortape International Film Festival (Australia, 2023): Premio Honorífico ao Mellor Documental de Arte e Historia.
- Milton Keynes International Film Festival (Reino Unido, 2024): Premio á Mellor Edición na categoría de documental de lingua non inglesa.
- Menciones Especiales y Jurado: Recibiu a Mención Especial do xurado na Kolkata Short (India, 2023) e o Indian World Film Festival (India, 2024), además do Premio Especial do xurado ao Corto Documental no Vindhya International Film Festival (India, 2026).
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

