O pleno de Narón aproba a ordenanza fiscal do Padroado da Cultura

O Concello de Narón acolleu ás 12:00 horas do martes 3 un pleno extraordinario co punto único na orde do día de aprobar definitivamente a ordenanza fiscal número 14 do Padroado da Cultura.

O concelleiro de Facenda, Román Romero, recordou que en base aos informes emitidos polos técnicos municipais competentes na materia, queda desestimada a alegación presentada no seu día polo PSOE local.

O procedemento establecido para realizar as modificacións implementadas cumpre os trámites precisos, tal e como avalan os informes, e actualízanse as taxas a abonar –conxeladas dende hai once anos- que pasarán por exemplo no caso das matrículas das Escolas Culturais Municipais (teatro, debuxo, danza, gaita e outras) de 63,10 euros ao ano a 70 euros ao ano, tal e como se abordou a Xunta do Padroado da Cultura, recordou Romero.

A ordenanza publicarase trala súa aprobación no pleno de hoxe no Boletín Oficial da Provincia para a súa próxima entrada en vigor.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …