Narón acolle a Feira de exaltación do porco ó espeto

A parroquia de Pedroso acollerá a finais deste mes, o vindeiro día 28, a Feira de exaltación do porco ó espeto. O Concello de Narón e a Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, organizan esta convocatoria, que presentaron no Consistorio o alcalde accidental, Manuel Ramos, a concelleira de Festas, Mar Gómez, e Ángel Merlán, Antonio Padín, Víctor Bouza e Bernadette Román, presidente, vicepresidente, tesoureiro e vogal, respectivamente, de A Pombiña.

A programación da xornada inclúe unha sesión vermú cunha actuación musical e todas e todos os asistentes poderán degustar uns petiscos de balde. Dende as 9:00 horas veciños da parroquia estarán preparando os dous porcos, de aproximadamente 90 quilos cada un, que se cociñarán para degustar a partir das 21:00 horas.

As persoas interesadas poden adquirir os tickets na cantina da Sociedade Cultural e Deportiva A Pombiña, abonando 20 euros as persoas que non son socios; 15 os socios da entidade; 10 euros os menores de 10 a 17 anos e de balde os menores de 10 anos.

No prezo deste menú, tal e como indicaron dende a entidade, inclúese a degustación de porco ao espeto, churrasco, chourizos, pan, cachelos, bebida, sobremesa e café.

Nas inmediacións do local social instalarase unha carpa con mesas e cadeiras para unhas 300 persoas. Ao longo da tarde haberá tamén actividades, con propostas de animación infantil dende as 18:00 horas na pista polideportiva e unha actuación musical pola noite.

Os representantes do goberno local e da Pombiña animaron ós veciños a achegarse a Pedroso o día 24 para desfrutar desta feira de exaltación do porco ó espeto e tamén da programación que trae aparellada este evento, tradicional xa cada ano nesta parroquia naronesa.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …