O campo de fútbol do Val en Narón acolle o VII Torneo xuvenil Sinde´s Cup

O campo de fútbol do Val acollerá este domingo 18, a sétima edición do Torneo xuvenil Sinde´s Cup, en horario de mañá e tarde. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, desprazouse ás citadas instalacións deportivas para presentar a convocatoria xunto con representantes da entidade que coorganiza o evento co Concello, a SociedadeDeportiva O Val.

As semifinais deste torneo disputaranse pola mañá, a partir das 10:30,hora na que dará comezo o partido entre o Racing de Ferrol e o Deportivo da Coruña. A continuación, ás 12:00 horas iniciarase o dos xogadores do Club Deportivo Lugo e o Celta de Vigo.

Pola tarde será o turno da final de consolación, a partir das 17:30 horas,e a final deste Torneo xuvenil Sinde´s cup será ás 19:00 horas.

As persoas interesadas en asistir poden retirar as entradas nas oficinas do clube ou no despacho de billetes, ata o venres, a partir das 19:30 horas. O prezo para a xornada completa é de 10 euros, mentres que o de media xornada é de 7 e os menores de 16 anos pagarán un euro.

Dende a organización animaron os veciños de Narón edoutros concellos a acudir á convocatoria. O edil de Deportes naronés destacou “a oportunidade que suporá poder ver esta nova edición do torneo e desfrutar do fútbol animando aos equipos participantes”.

Lea también

Miriam Casillas retoma las Series Mundiales en Hamburgo como 35 del ranking

La olímpica del Triatlón Ferrol disputará el sábado 12 la prueba individual y podría ser …