Minuto de silencio en Narón en repulsa do crime machista de Mercedes Ríos Muñiz

O alcalde accidental de Narón, Manuel Ramos, presidiu no mediodía deste xoves 8, a concentración convocada ante o Consistorio na que se gardou un minuto de silencio en condena do crime machista que lle custou a vida a pasada semana a Mercedes Ríos Muñiz, veciña de Labañou (A Coruña) de 74 anos e asasinada polo seu home, de 78 e actualmente en prisión.

No transcurso da convocatoria, á que acudiron representantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa da violencia e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima. Os asistentes portaron unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”.

Lea también

Lidl alcanza las 40 tiendas en Galicia con su nueva apertura en Narón

Lidl abrirá este viernes su primera tienda en la localidad coruñesa de Narón, estreno con …