Cariño inaugura a XLVI Mostra de Teatro Galego

O Concello de Cariño inaugurou o domingo a edición número XLVI da Mostra de Teatro Galego, que converterá ao municipio do Ortegal na capital autonómica do teatro ata o 10 de agosto.

A xornada comezou ás 12 da mañá na Casa Consistorial co acto de inauguración e a entrega de premios ao público infantil e adulto do ano 2023. Na categoría de adultos o premio recaeu una categoría Chévere, coa obra ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E.’ e no apartado infantil, recolleu o recoñecemento a Compañía Náufragos coa súa obra ‘Hugo’.

A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “A Mostra de Teatro é un dos valores culturais do noso Concello, que se celebra desde o ano 1.978 e xa vai pola súa edición número 46, polo que temos que seguir poñéndoa en valor e apostando por este estandarte do noso Concello”.
“Este evento é unha sinal de identidade da nosa tradición, da nosa cultura e do noso presente, por iso temos que coidalo e seguir mellorándoo cada ano”, engadiu.

Por último, convidou “a todos os veciños e visitantes, a que gocen de cada unha das representacións que se ofertan nesta Mostra”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Laura García, indicou que “traballamos para que a Mostra de Teatro Galego de Cariño conte cada ano cunha programación de primeiro nivel, como ben o demostran cada unha das 14 propostas que forman parte do cartel deste ano”.

Ao remate do acto inaugural, o grupo de teatro Barafunda percorreu as rúas de Cariño co seu espectáculo ‘Os zancudos’.

Para culminar a xornada, o grupo Mute levará o seu espectáculo ‘Oran Bi’ á Praza da Pulida a partir das 20:30 horas. Esta obra, gañadora do premio ao mellor espectáculo de Euskadi no ano 2022, é unha peza circense que se caracteriza pola innovación e o risco escénico.

Lea también

Las obras de rehabilitación del castillo de San Felipe empezarán este verano

El castillo de San Felipe entrará seguramente en obras el presente verano, tras adjudicar la …