Axenda en Narón o 4 de agosto

A axenda prevista para este domingo 4 de agosto de 2024 

Actividade: XXIV Festa da ameixa rubia. Hora: Dende as 13:00. Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

A programación da Festa da ameixa rubia, organizada polo Concello e a AVV Altea, de Xuvia, dará comezo ás 13:00 horas cunha sesión vermú que rematará ás 15:00. A partir desa hora comezarán a servirse as racións de ameixa rubia, churrasco e sobremesa, con bebidas e café incluídos.

Os boletos do xantar poden adquirirse, ata esgotar a capacidade da carpa, na cafetería da AVV Altea, en Xuvia. Pola tarde haberá unha festa infantil, de 16:00 a 18:00 horas con xogos tradicionais; un concerto de Brais das Hortas de 18:00 a 19:00 horas e a partir das 19:30 horas dará comezo a Festa da escuma.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …